Cóntanos o teu evento

O eventoPaso 1 de 3

Escríbenos por WhatsApp

Política de privacidade

Revisa como tratamos os teus datos antes de enviar o formulario.

1. Información xeral

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD), e da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámolo sobre o tratamento dos seus datos persoais.

2. Responsable do tratamento

O responsable do tratamento dos datos persoais é:

  • Denominación social: Aptia Servicios de Consultoría S.L.
  • NIF/CIF: B19954890
  • Domicilio social: Sagasta 6, 36001 Pontevedra, España
  • Correo electrónico: info@aptia.es
  • Teléfono: +34 662 107 062

3. Datos persoais que recollemos

Recollemos e tratamos os seguintes tipos de datos persoais:

3.1 Datos de identificación

  • Nome
  • Apelidos
  • Empresa

3.2 Datos de contacto

  • Enderezo de correo electrónico
  • Número de teléfono

3.3 Datos de navegación

  • Enderezo IP
  • Datos de navegación e cookies (consulte a nosa política de cookies)
  • Datos de uso do sitio web (páxinas visitadas, tempo de permanencia etc.)

3.4 Datos de comunicación

  • Mensaxes e consultas enviadas a través de formularios
  • Servizo de interese
  • Data e lugar do evento
  • Cidade de residencia, experiencia, idiomas, dispoñibilidade e, se se achegan, currículo e foto, nas candidaturas de emprego

4. Finalidade do tratamento

Os datos persoais recóllense e trátanse para as seguintes finalidades:

4.1 Xestión de consultas e solicitudes

  • Responder ás consultas e solicitudes de información recibidas a través dos formularios de contacto
  • Proporcionar orzamentos e información comercial
  • Manter a relación comercial con clientes e potenciais clientes

4.2 Xestión de descargas de recursos

  • Proporcionar acceso a recursos descargables (PDF, guías etc.)
  • Enviar ligazóns de descarga ao correo electrónico proporcionado
  • Xestionar os contactos interesados nos nosos recursos

4.3 Comunicacións comerciais

  • Envío de comunicacións comerciais (con consentimento expreso)
  • Informar sobre novidades, servizos e contidos de interese
  • Xestión de campañas de marketing

4.4 Análise e mellora do sitio web

  • Análise do comportamento dos usuarios no sitio web
  • Mellora da experiencia de usuario
  • Análise estatística e de tráfico web

4.5 Cumprimento de obrigas legais

  • Cumprimento das obrigas fiscais e contables
  • Conservación da documentación segundo a lexislación aplicable

4.6 Xestión de candidaturas de emprego

  • Xestión das candidaturas de emprego recibidas a través do formulario Traballa connosco (nome, contacto, cidade, experiencia, idiomas, dispoñibilidade e, se se achegan, currículo e foto), con base no consentimento da persoa interesada

5. Base xurídica do tratamento

O tratamento de datos persoais baséase nas seguintes bases xurídicas segundo o artigo 6 do RGPD:

  • Consentimento da persoa interesada (art. 6.1.a RGPD): Para o envío de comunicacións comerciais, a xestión de candidaturas de emprego e o uso de cookies non esenciais. O consentimento pode retirarse en calquera momento.
  • Execución de medidas precontractuais (art. 6.1.b RGPD): Para xestionar consultas, solicitudes de información e orzamentos.
  • Interese lexítimo (art. 6.1.f RGPD): Para o mantemento da relación comercial, a mellora dos nosos servizos, a análise estatística e a xestión de contactos.
  • Cumprimento dunha obriga legal (art. 6.1.c RGPD): Para o cumprimento das obrigas fiscais, contables e de conservación da documentación segundo a lexislación aplicable.

6. Conservación dos datos

Os datos persoais conservaranse durante os seguintes prazos:

  • Datos dos formularios de contacto: Mentres se manteña a relación comercial e, se é o caso, durante os prazos establecidos pola lexislación aplicable (6 anos para a documentación mercantil e contable, segundo o artigo 30 do Código de Comercio, e 4 anos para as obrigas tributarias, segundo o artigo 66 da Lei 58/2003, xeral tributaria).
  • Datos dos formularios de descarga: Mentres se manteña a relación comercial ou ata que a persoa interesada solicite a súa supresión.
  • Candidaturas de emprego: Un ano desde a súa recepción, agás que antes retire o seu consentimento. Pasado ese prazo suprímense.
  • Comunicacións comerciais: Ata que a persoa interesada retire o seu consentimento ou solicite a baixa.
  • Datos de navegación e cookies: Segundo se especifica na nosa política de cookies.

Unha vez finalizado o prazo de conservación, os datos suprimiranse de forma segura, salvo que exista unha obriga legal que requira a súa conservación.

7. Comunicación de datos a terceiros

Os datos persoais non serán comunicados a terceiros, salvo nos seguintes casos:

  • Cando sexa necesario para a prestación do servizo solicitado (provedores de servizos tecnolóxicos, plataformas de envío de correo electrónico etc.).
  • Cando exista unha obriga legal.
  • Cando o usuario dese o seu consentimento expreso.

7.1 Encargados do tratamento

Aptia utiliza os seguintes encargados do tratamento para a xestión de datos:

7.2 Transferencias internacionais

Os datos persoais poden ser tratados por servizos situados na Unión Europea (como Brevo, con sede en Francia). No caso de que se realicen transferencias internacionais fóra do Espazo Económico Europeo, garantirase que se fan a países cun nivel adecuado de protección recoñecido pola Comisión Europea ou mediante as garantías adecuadas establecidas no RGPD (cláusulas contractuais tipo, Marco de privacidade de datos UE-EUA etc.).

8. Dereitos da persoa interesada

De conformidade co RGPD e a LOPDGDD, vostede ten dereito a:

  • Acceso (art. 15 RGPD): Obter información sobre se estamos a tratar os seus datos persoais e, se é o caso, acceder a eles.
  • Rectificación (art. 16 RGPD): Solicitar a corrección de datos inexactos ou incompletos.
  • Supresión (art. 17 RGPD): Solicitar a eliminación dos seus datos cando xa non sexan necesarios para os fins que motivaron a súa recollida ou cando retire o seu consentimento.
  • Limitación do tratamento (art. 18 RGPD): Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos en determinadas circunstancias.
  • Portabilidade (art. 20 RGPD): Recibir os seus datos nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e transmitilos a outro responsable.
  • Oposición (art. 21 RGPD): Opoñerse ao tratamento dos seus datos cando o tratamento se basee no interese lexítimo.
  • Retirar o consentimento: En calquera momento, cando o tratamento se basee no consentimento, sen que isto afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Para exercer estes dereitos, pode dirixirse a:

  • Correo electrónico: info@aptia.es
  • Enderezo postal: Sagasta 6, 36001 Pontevedra, España

Deberá acompañar a súa solicitude cunha copia do seu documento de identidade ou documento acreditativo equivalente e indicar o dereito que desexa exercer.

Tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se considera que o tratamento dos seus datos persoais non se axusta á normativa vixente. Pode contactar coa AEPD en:

  • Web: www.aepd.es
  • Teléfono: 912 663 517
  • Enderezo: C/ Jorge Juan, 6, 28001 Madrid

9. Medidas de seguridade

Aptia adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos aos que están expostos.

Entre as medidas implantadas atópanse:

  • Cifrado dos datos en tránsito (HTTPS/TLS)
  • Control de acceso e autenticación
  • Copias de seguridade periódicas
  • Actualizacións de seguridade do sistema
  • Formación do persoal en protección de datos

10. Menores de idade

Os nosos servizos non están dirixidos a menores de 14 anos, idade a partir da cal o artigo 7 da LOPDGDD permite consentir o tratamento dos propios datos. Non recollemos intencionadamente datos de menores de 14 anos sen o consentimento dos seus pais ou titores legais. Se ten coñecemento de que un menor facilitou datos persoais sen ese consentimento, contacte connosco para que poidamos eliminalos.

11. Modificacións da política de privacidade

Aptia resérvase o dereito de modificar esta política de privacidade en calquera momento. Os cambios publicaranse nesta páxina web, con indicación da data da última actualización.

Recoméndase revisar periodicamente esta política de privacidade para estar informado de calquera cambio.

12. Contacto

Para calquera consulta sobre esta política de privacidade ou o tratamento dos seus datos persoais, pode contactar connosco:

  • Correo electrónico: info@aptia.es
  • Teléfono: +34 662 107 062
  • Enderezo: Sagasta 6, 36001 Pontevedra, España

Tamén pode consultar o noso aviso legal e a nosa política de cookies.

Letras de Balaídos xunto á entrada do estadio, en Vigo

Externalización de servizos auxiliares de oficina en Galicia

Persoal de recepción, atención telefónica e apoio administrativo para a túa oficina. Seleccionamos e formamos cada persoa, ocupámonos da contratación e, se fai falta, da subrogación, e tes unha persoa de contacto que revisa o servizo cada día.

01

Persoal formado

Cada persoa chega formada en atención ao público e protocolo.

02

Substitucións cubertas

Se alguén falta por enfermidade ou vacacións, buscamos quen o substitúa.

03

Á túa medida

Podes contratar só a recepción, só o teléfono ou tamén o apoio administrativo, segundo o que precise a túa oficina.

Persoal auxiliar de Aptia no acceso á sala Balcony Area do estadio

Que servizos cubrimos

Explicámosche que fariamos e canto custa antes de comezar.

Recepción

Atención ás visitas, xestión da correspondencia e recollida de paquetes.

Atención telefónica

Centraliña da túa empresa, recollida de recados e desvío de chamadas a quen corresponda.

Apoio administrativo

Tarefas de oficina como o arquivo, a axenda ou a preparación de documentos.

Vantaxes de externalizar con Aptia

O 85% dos nosos profesionais repite connosco, así que o servizo cóbreno persoas que xa coñecen a nosa forma de traballar.
01

Custos variables

Pagas só polo servizo que precisas, sen gastos de selección, formación nin xestión de nóminas.

02

Flexibilidade

Axustamos cantas persoas fan falta aos picos de traballo, ás campañas ou aos cambios de tempada, sen tocar o teu persoal fixo.

03

Cumprimento normativo

Encargámonos da contratación, os seguros e a formación en prevención de riscos laborais.

04

Seguimento

A túa persoa de contacto en Aptia revisa o servizo cada día, apunta as incidencias e cóntache como vai.

Walkie-talkie con etiqueta de Aptia e acreditación do Celta da tempada 25/26

Para que empresas

Empresas que precisan alguén na recepción ou ao teléfono e prefiren non contratalo directamente.

01

Oficinas de empresa

Recepción e centraliña na sede da túa empresa.

02

Centros de negocio e coworking

Atención ao público e apoio administrativo para as empresas do centro.

03

Parques empresariais

Recepción de visitas en sedes de parques empresariais e tecnolóxicos.

04

Hoteis e recintos de eventos

Reforzo da recepción en tempada alta e apoio en eventos de empresa.

Como funciona a externalización con Aptia

Desde a primeira reunión ata que o servizo arranca, sabes que toca en cada paso.
  1. Reunión inicial

    En 30 minutos vemos que necesitas, canto traballo hai e que requisitos ten o posto.

  2. Proposta en 24 horas

    Enviámosche os horarios, cantas persoas fan falta e o orzamento desagregado.

  3. Selección e formación do persoal

    Eliximos e formamos as persoas segundo os teus criterios. Se hai subrogación, facémola conforme á normativa laboral.

  4. Inicio do servizo

    A túa persoa de contacto revisa cada día que todo funciona e apunta as incidencias.

  5. Informe mensual

    Cada mes enviámosche un resumo coas horas traballadas, as incidencias e o que se pode mellorar.

Azafata de Aptia manexando unha pantalla táctil de información

Sedes onde traballamos

Traballamos en Vigo, Santiago, A Coruña e o resto de Galicia.

  • VigoOficinas e empresas da cidade e a súa área.
  • Santiago de CompostelaOficinas e centros de negocio.
  • A CoruñaOficinas e sedes de empresa.
  • Resto de GaliciaConsúltanos para outras cidades.

Preguntas frecuentes

Que vantaxes ten externalizar servizos?
Pagas só polo servizo, non tes que seleccionar nin formar a ninguén e podes axustar o número de persoas cando cambia o traballo.
Como garantides a calidade do servizo?
Formamos cada persoa antes de comezar e tes unha persoa de contacto en Aptia que revisa o servizo cada día.
Podedes absorber o persoal actual?
Si. Estudamos cada caso de subrogación conforme á normativa vixente para que o cambio sexa sinxelo para os traballadores e para a empresa.

Externalización de servizos auxiliares de oficina en Galicia

Aptia ofrece persoal de recepción, atención telefónica e apoio administrativo a empresas de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e o resto de Galicia. Seleccionamos e formamos cada persoa, ocupámonos da súa contratación e de cubrir as ausencias, e tes unha persoa de contacto que revisa o servizo.

Traballamos con oficinas, centros de negocio e hoteis que precisan alguén na recepción ou ao teléfono sen ampliar o seu cadro de persoal. Cada mes enviámosche un resumo coas horas traballadas e as incidencias.

Orzamento

Queres externalizar algún servizo?

Cóntanos que necesitas e explicámosche como o fariamos e canto custaría.

  1. Hoxe

    Escríbesnos co que saibas, aínda que falten datos.

  2. 24 h

    Enviámosche perfís, horarios e prezo pechado.

  3. Ata o final

    A mesma interlocutora ata que remata o evento.

A túa interlocutora. Unha coordinadora sénior le a túa mensaxe, prepara a proposta e está no recinto o día do evento.

O eventoPaso 1 de 3