Cóntanos o teu evento

O eventoPaso 1 de 3

Escríbenos por WhatsApp

Política de privacidade

Revisa como tratamos os teus datos antes de enviar o formulario.

1. Información xeral

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD), e da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámolo sobre o tratamento dos seus datos persoais.

2. Responsable do tratamento

O responsable do tratamento dos datos persoais é:

  • Denominación social: Aptia Servicios de Consultoría S.L.
  • NIF/CIF: B19954890
  • Domicilio social: Sagasta 6, 36001 Pontevedra, España
  • Correo electrónico: info@aptia.es
  • Teléfono: +34 662 107 062

3. Datos persoais que recollemos

Recollemos e tratamos os seguintes tipos de datos persoais:

3.1 Datos de identificación

  • Nome
  • Apelidos
  • Empresa

3.2 Datos de contacto

  • Enderezo de correo electrónico
  • Número de teléfono

3.3 Datos de navegación

  • Enderezo IP
  • Datos de navegación e cookies (consulte a nosa política de cookies)
  • Datos de uso do sitio web (páxinas visitadas, tempo de permanencia etc.)

3.4 Datos de comunicación

  • Mensaxes e consultas enviadas a través de formularios
  • Servizo de interese
  • Data e lugar do evento
  • Cidade de residencia, experiencia, idiomas, dispoñibilidade e, se se achegan, currículo e foto, nas candidaturas de emprego

4. Finalidade do tratamento

Os datos persoais recóllense e trátanse para as seguintes finalidades:

4.1 Xestión de consultas e solicitudes

  • Responder ás consultas e solicitudes de información recibidas a través dos formularios de contacto
  • Proporcionar orzamentos e información comercial
  • Manter a relación comercial con clientes e potenciais clientes

4.2 Xestión de descargas de recursos

  • Proporcionar acceso a recursos descargables (PDF, guías etc.)
  • Enviar ligazóns de descarga ao correo electrónico proporcionado
  • Xestionar os contactos interesados nos nosos recursos

4.3 Comunicacións comerciais

  • Envío de comunicacións comerciais (con consentimento expreso)
  • Informar sobre novidades, servizos e contidos de interese
  • Xestión de campañas de marketing

4.4 Análise e mellora do sitio web

  • Análise do comportamento dos usuarios no sitio web
  • Mellora da experiencia de usuario
  • Análise estatística e de tráfico web

4.5 Cumprimento de obrigas legais

  • Cumprimento das obrigas fiscais e contables
  • Conservación da documentación segundo a lexislación aplicable

4.6 Xestión de candidaturas de emprego

  • Xestión das candidaturas de emprego recibidas a través do formulario Traballa connosco (nome, contacto, cidade, experiencia, idiomas, dispoñibilidade e, se se achegan, currículo e foto), con base no consentimento da persoa interesada

5. Base xurídica do tratamento

O tratamento de datos persoais baséase nas seguintes bases xurídicas segundo o artigo 6 do RGPD:

  • Consentimento da persoa interesada (art. 6.1.a RGPD): Para o envío de comunicacións comerciais, a xestión de candidaturas de emprego e o uso de cookies non esenciais. O consentimento pode retirarse en calquera momento.
  • Execución de medidas precontractuais (art. 6.1.b RGPD): Para xestionar consultas, solicitudes de información e orzamentos.
  • Interese lexítimo (art. 6.1.f RGPD): Para o mantemento da relación comercial, a mellora dos nosos servizos, a análise estatística e a xestión de contactos.
  • Cumprimento dunha obriga legal (art. 6.1.c RGPD): Para o cumprimento das obrigas fiscais, contables e de conservación da documentación segundo a lexislación aplicable.

6. Conservación dos datos

Os datos persoais conservaranse durante os seguintes prazos:

  • Datos dos formularios de contacto: Mentres se manteña a relación comercial e, se é o caso, durante os prazos establecidos pola lexislación aplicable (6 anos para a documentación mercantil e contable, segundo o artigo 30 do Código de Comercio, e 4 anos para as obrigas tributarias, segundo o artigo 66 da Lei 58/2003, xeral tributaria).
  • Datos dos formularios de descarga: Mentres se manteña a relación comercial ou ata que a persoa interesada solicite a súa supresión.
  • Candidaturas de emprego: Un ano desde a súa recepción, agás que antes retire o seu consentimento. Pasado ese prazo suprímense.
  • Comunicacións comerciais: Ata que a persoa interesada retire o seu consentimento ou solicite a baixa.
  • Datos de navegación e cookies: Segundo se especifica na nosa política de cookies.

Unha vez finalizado o prazo de conservación, os datos suprimiranse de forma segura, salvo que exista unha obriga legal que requira a súa conservación.

7. Comunicación de datos a terceiros

Os datos persoais non serán comunicados a terceiros, salvo nos seguintes casos:

  • Cando sexa necesario para a prestación do servizo solicitado (provedores de servizos tecnolóxicos, plataformas de envío de correo electrónico etc.).
  • Cando exista unha obriga legal.
  • Cando o usuario dese o seu consentimento expreso.

7.1 Encargados do tratamento

Aptia utiliza os seguintes encargados do tratamento para a xestión de datos:

7.2 Transferencias internacionais

Os datos persoais poden ser tratados por servizos situados na Unión Europea (como Brevo, con sede en Francia). No caso de que se realicen transferencias internacionais fóra do Espazo Económico Europeo, garantirase que se fan a países cun nivel adecuado de protección recoñecido pola Comisión Europea ou mediante as garantías adecuadas establecidas no RGPD (cláusulas contractuais tipo, Marco de privacidade de datos UE-EUA etc.).

8. Dereitos da persoa interesada

De conformidade co RGPD e a LOPDGDD, vostede ten dereito a:

  • Acceso (art. 15 RGPD): Obter información sobre se estamos a tratar os seus datos persoais e, se é o caso, acceder a eles.
  • Rectificación (art. 16 RGPD): Solicitar a corrección de datos inexactos ou incompletos.
  • Supresión (art. 17 RGPD): Solicitar a eliminación dos seus datos cando xa non sexan necesarios para os fins que motivaron a súa recollida ou cando retire o seu consentimento.
  • Limitación do tratamento (art. 18 RGPD): Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos en determinadas circunstancias.
  • Portabilidade (art. 20 RGPD): Recibir os seus datos nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e transmitilos a outro responsable.
  • Oposición (art. 21 RGPD): Opoñerse ao tratamento dos seus datos cando o tratamento se basee no interese lexítimo.
  • Retirar o consentimento: En calquera momento, cando o tratamento se basee no consentimento, sen que isto afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Para exercer estes dereitos, pode dirixirse a:

  • Correo electrónico: info@aptia.es
  • Enderezo postal: Sagasta 6, 36001 Pontevedra, España

Deberá acompañar a súa solicitude cunha copia do seu documento de identidade ou documento acreditativo equivalente e indicar o dereito que desexa exercer.

Tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se considera que o tratamento dos seus datos persoais non se axusta á normativa vixente. Pode contactar coa AEPD en:

  • Web: www.aepd.es
  • Teléfono: 912 663 517
  • Enderezo: C/ Jorge Juan, 6, 28001 Madrid

9. Medidas de seguridade

Aptia adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos aos que están expostos.

Entre as medidas implantadas atópanse:

  • Cifrado dos datos en tránsito (HTTPS/TLS)
  • Control de acceso e autenticación
  • Copias de seguridade periódicas
  • Actualizacións de seguridade do sistema
  • Formación do persoal en protección de datos

10. Menores de idade

Os nosos servizos non están dirixidos a menores de 14 anos, idade a partir da cal o artigo 7 da LOPDGDD permite consentir o tratamento dos propios datos. Non recollemos intencionadamente datos de menores de 14 anos sen o consentimento dos seus pais ou titores legais. Se ten coñecemento de que un menor facilitou datos persoais sen ese consentimento, contacte connosco para que poidamos eliminalos.

11. Modificacións da política de privacidade

Aptia resérvase o dereito de modificar esta política de privacidade en calquera momento. Os cambios publicaranse nesta páxina web, con indicación da data da última actualización.

Recoméndase revisar periodicamente esta política de privacidade para estar informado de calquera cambio.

12. Contacto

Para calquera consulta sobre esta política de privacidade ou o tratamento dos seus datos persoais, pode contactar connosco:

  • Correo electrónico: info@aptia.es
  • Teléfono: +34 662 107 062
  • Enderezo: Sagasta 6, 36001 Pontevedra, España

Tamén pode consultar o noso aviso legal e a nosa política de cookies.

Dúas azafatas de Aptia na zona de hospitality de Balaídos, fronte á bancada
Sobre Aptia

Persoal e coordinación para eventos en toda Galicia

Aptia naceu en Pontevedra en 2024. Seleccionamos e coordinamos azafatas, promotores e persoal auxiliar para feiras, congresos e eventos de empresa en toda Galicia.

O noso enfoque

A dirección supervisa a selección de cada profesional e unha coordinadora está no recinto durante todo o evento.
01

Profesionais que coñecemos

6 coordinadoras sénior, 18 perfís bilingües e unha bolsa de máis de 50 profesionais con formación en protocolo, hospitality e prevención de riscos laborais.

02

Coñecemos os recintos

Traballamos en IFEVI, Mar de Vigo, Pazo Los Escudos e en eventos itinerantes por toda Galicia.

03

Unha coordinadora por evento

Antes do evento enviámosche a listaxe do equipo e os horarios e, ao rematar, un resumo de como foi.

04

Responsabilidade social

Contratación en réxime xeral, seguro RC de 600.000 € e colaboracións con escolas de protocolo de Galicia.

Dúas azafatas de Aptia seguindo o partido desde a bancada de Balaídos

Misión e visión

Formamos talento local, contratamos en réxime xeral e colaboramos con escolas de protocolo da zona.

Misión

Quitarche traballo de enriba para que poidas centrarte no teu mentres nós nos encargamos do persoal, a coordinación e os imprevistos do teu evento.

Visión

Ser o equipo ao que chamas cando tes un evento en Galicia, porque sabes que respondemos e cumprimos o acordado.

Azafata de Aptia na bancada de Balaídos antes do partido
Quen somos

Persoas que coñecen o terreo

As nosas coordinadoras traballaron en feiras, congresos médicos e ceas de gala, e saben que necesita cada tipo de evento.

85%dos profesionais volve traballar connosco
+50profesionais na nosa bolsa
6coordinadoras sénior presentes no recinto

Traballamos con responsabilidade

Coordinadoras sénior

6

Máis de 40 eventos completados cada unha

Perfís con idiomas

18

Inglés, francés e portugués

Valoración media

4,6/5

Segundo enquisas de satisfacción 2024

Dispoñibilidade

08:00-00:00

Sempre localizables

  1. Todo o persoal dado de alta na Seguridade Social e con seguro de responsabilidade civil

  2. Formación en protocolo e prevención antes de cada servizo

  3. Uniformidade coordinada segundo a imaxe da túa marca

  4. Unha coordinadora no recinto que te mantén ao tanto de todo

Como traballamos

Do primeiro correo ao peche do evento

01

Reunión inicial

Cóntasnos que necesitas: datas, perfil, idiomas e requisitos especiais. Preguntámosche todo o necesario para non deixarnos nada.

  • Lista de requisitos
  • Confirmación de dispoñibilidade
02

Proposta

En 24 h terás un orzamento detallado con perfís, horarios, condicións e prezo pechado.

  • Orzamento PDF
  • Fichas de candidatos
03

Preparación

Formamos ao equipo coa información do teu proxecto, materiais e protocolos. Recibirás a confirmación de asistencia 48 h antes.

  • Listaxe nominal
  • Confirmación de asistencia
04

Execución

A coordinadora está no recinto e resolve calquera incidencia no momento, sen que teñas que intervir.

  • Coordinadora no recinto
  • Incidencias resoltas no momento
  • Un só teléfono de contacto
05

Peche e melloras

Recibirás un resumo de todo o que pasou e recomendacións para mellorar o próximo evento.

  • Resumo do evento
  • Incidencias e como se resolveron
  • Ideas de mellora
Os nosos clientes

Algúns eventos nos que traballamos

Traballamos en feiras, congresos e eventos de empresa, e coñecemos os recintos e o que funciona en cada un.
IFEVI, Vigo

Feira internacional do sector do mar

O noso papel: 28 azafatas bilingües, 3 coordinadoras, xestión de acreditacións e visitas guiadas a stands

  • O resultado: Acreditacións e atención en stand durante os tres días de feira, con todas as quendas cubertas
Recinto feiral IFEVI

Navalia 2024

O noso papel: Equipo mixto de protocolo, hospitality e transfers, con resumos para o comité organizador

  • O resultado: Listaxe do equipo antes de cada xornada, resumo ao peche e unha coordinadora no recinto que resolvía as incidencias no momento
Museo Marco, Vigo

Congreso UPSJ 2024

O noso papel: Persoal de secretaría e acreditacións e apoio en salas paralelas

  • O resultado: Inicio puntual de todas as mesas e satisfacción do cliente reflectida en enquisa interna (4,7/5)
Equipo de Aptia sorrindo no mostrador de acreditacións

Responsabilidade social e sostibilidade

Traballamos con prácticas responsables que benefician á nosa comunidade e ao contorno.

  • O 85% do equipo son mulleres e fomentamos a promoción interna de coordinadoras.
  • Colaboramos con escolas de protocolo e FP da zona para incorporar talento novo.
  • Priorizamos provedores locais, minimizamos desprazamentos innecesarios e usamos documentación dixital para reducir papel.
  • Doamos o excedente de uniformidade a programas de inserción laboral.

Preguntas frecuentes

Onde estades ubicados?
A nosa sede está en Pontevedra, pero damos cobertura en toda Galicia: Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo.
Como contratades o persoal?
Damos de alta todo o persoal na Seguridade Social, temos un seguro de responsabilidade civil de 600.000 € e plans de prevención de riscos laborais, e formamos o equipo antes de cada evento.
Como funciona a coordinación?
Cada evento ten unha coordinadora. Antes do evento enviámosche a listaxe do equipo e, ao rematar, un resumo. Durante o servizo a coordinadora está no recinto e resolve as incidencias no momento.
Orzamento

Queres coñecernos mellor?

Estamos en Pontevedra e damos cobertura en toda Galicia. Cóntanos o teu proxecto e explicámosche como podemos axudarte.

  1. Hoxe

    Escríbesnos co que saibas, aínda que falten datos.

  2. 24 h

    Enviámosche perfís, horarios e prezo pechado.

  3. Ata o final

    A mesma interlocutora ata que remata o evento.

A túa interlocutora. Unha coordinadora sénior le a túa mensaxe, prepara a proposta e está no recinto o día do evento.

O eventoPaso 1 de 3